11 de nov. de 2012

A capela




O cemiterio de San Amaro xorde a partir do ano 1781. No 1833 foi ampliada e construíuse un templo funerario na porta dá entrada.O interior está dividido por amplos corredores, onde destacan ás capelas familiares de distintos estilos do corredor central. A capela do Cemiterio é de estilo neoclásico con planta de cruz grega coroada pola cúpula rebaixada e franqueada por dúas torres. A porta é de inspiración clásica imitando a entrada dun templo dístilo con dúas columnas.

A capela do cemiterio de San Amaro, foi deseñada por D. Alejo Fernández.

A capela permaneceu pechada tras seis anos seguidos, ata que o alcalde Carlos Negreira decidiu reabrila o día 2 de novembro que coincidíu co día de defuntos. Decidiron que a capela se abriría unha vez a semana para actos relixiosos ás cinco dá tarde. Xunto á reinaguracióncapela tamén sacaron un libro con toda a súa historia e a do cemiterio, o concello tamén decidiu que a capela sería un espazo para facer visitas guiadas non seu interior.


A capela sitúase na entrada do cemiterio, díante dela houbo un festival galego o día dá inaguracion onde participaron grupos de música importantes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario