11 de dec. de 2012

Historias da nosa vida

Diálogo entre Eduardo Pondal Vilar Ponte e Canuto Berea

 
(Escoitanse uns sons moi extranos procedente do cemiterio de San Amaro )

Canuto: uuff...porfin vou levantar, levo metido deste caixón dende o século 19.
Pondal: Aí algúen alí? pareceume escoitar voces
Canuto: Ti quen carallo es?
Pondal: Eu son Eduardo Pondal, o famosísimo Eduardo Pondal é ti quen demo es?
Canuto: Eu no coñezo a ningúen con ese nome,  chámome Canuto Barea e...

(Escoitase outra voz)

Ponte: Sacádeme de aquí!!!!
Canuto e Pondal: É ese ruido de onde ven?
Ponte: dixen que me saquedes de aquí, acaso non entendedes galego ?

(Canuto e Pondal diríxense ao lugar onde provén a voz e volven a escoitar o mesmo son)

Ponte: Queredes facer o favor de sacarme de aqui!

(Os dous diríxense para abrir a lápida )

Ponte: Por fin libre señores
Canuto: E agora se pode saber quen es ti ?
Ponte: Son Eduardo Ponte.
Canuto e Pondal: A saber quen é ese
Ponte: Vostedes quen son?
Canuto: Como ía dicindo Son Canuto Barea
Pondal: Canuto que?
Canuto: Barea, Canuto Barea idiota, son o presidente da asociación de prensa.
Ponte: Diras que fuches, porque agora estás morto
Canuto: O que sexa
Pondal: A saber de que fala ese loco!
Canuto: Loco vostedes,e que mira que no saber quen son!
Ponte:( rise a gargalladas ) creuse importante e todo
Pondal: se tan interesante que cres que es, cóntanos a túa vida, pero sen aburrirnos eh !
Canuto: aburridos vostedes. Nacín no lugar mais bonito do mundo Ponteceso, deume a luz a muller mais fermosa do mundo o 28 de xunio de 1836

( Pondal rise )

Canuto:a ver, xa que te ris tanto cóntanos ti o que fixeches nos teus anos de vida
Pondal: Xa, non é para presumir ni moito menos. Na miña época non había ningúen coma eu
Ponte: claro, non había ningúen así de ignorante coma ti
Pondal: tí cala oh ! o que dicía non había ninguén coma min, alto, fermoso e tiña a todas as rapazas aos meus pés.
Ponte: presumido
Pondal : Bueno, son é seguirei sendo quen escribiu as letras do himno galego e outras moitas poesías que vós non saberíades entender.
Ponte: Que fanfarron resultades ser todos. Eu si que fun importante na miña época
Pondal: foi falar de fanfarron
Ponte: Pois eu fun empresario.director de orquestra, violinista, pianista, profesor e compositor.. a ver quen supera todo iso
Pondal: Modestia aparte señores
Canuto: Bueno, vese que todos fumos importantes
Pondal: E agora, como seran as cousas? Parece todo moi cambiado
Ponte: Agora todo é diferente
Canuto: Eu levanteime hai tres días e ata entrei nunha casa é impresionante !
Ponte: Si? conta conta
Canuto: Hai aparellos moi raros por todas partes.. hai unha cousa que chaman lavalouzas, e serve para lavar a roupa, digo, os platos
Pondal: Ah si?
Canuto: pero o que máis me impresionou foi outra cousa que os tiña a todos hipnotizados
Pondal: QUE É,QUE É?
ponte :Uui, perdón, non te escoite moi ben, e que acababan de pasar unhas mulleres por ali..que bbff..ai miña nai como están!
Pondal: Parvo, que es un Parvo!!!
Canuto: vexamos, onde están esas mulleres? Ponte:Alí van, imos detrás delas?
Pondal: Calades os dous , e ti, segue contando
Canuto: Ben, ben..ese aparello chámase..volvemos despois da publicidade
Ponte:  Nin sexas chistoso e segue dando,que Pondal vai coller unha rabieta e vainos meter de tortas aos dous
Canuto: tés razón, con ese carácter que ten...ese aparello chámase te-le--vi-sión
Ponte e Pondal: Tele what?
Canuto: te-le-vi-sión
Ponte: Na miña época non había esas cousas, ademais todo cambio..
Canuto: Normal,ti moriches moi cedo no 1857
Ponte: pero que dis oh, eu morrín no 1926 na Coruña,o lúar mais bonito que hai
Pondal: Pois eu fallecín no 1835 na Coruña tamén
Canuto: é a ti quen te preguntou algo?
Pondal: Serás mal educado!!
Canuto: Pois creo que todos falecimos no mesmo lúar
Ponte: Ah si? E ti cando falleciches?
Canuto: Na Coruña no ano 1891
Pondal: Pois que raro que non nos coñecesemos.
Canuto: Normal,cada un faleceu nun ano distinto!
Ponte:Bueno,eu creo que xa vai sendo hora de volver as caixas,que vai pasar o revisor e vainos berrar
Pondal: E certo, alí ven, silencio todos
Canuto: Espero no volver a a veros xamais
( Os tres cerraron as portas das caixas e nunca mais volveron a verse polo ceminterio de San Amaro, creo que foi mellor asi)

11 de nov. de 2012

San Amaro ten vida

Diálogo entre Xosé Villaverde, Xosé Gómez e Mauricio Farto

Un día no cemiterio de San Amaro despertan e saen dos seus cadaleitos Xosé Villaverde , Xosé Gómez e Mauricio Farto.
Cando...

-Villaverde: Bos días, Quen sodes?


-Gómez: Quen es ti?


-Villaverde: Eu son Xosé Villaverde .


-Farto: Ti non es o que traballou na CNT?


-Gómez: Que é a CNT ?


-Villaverde: A CNT é a Confederación Nacional do Traballo, foi unha unión de sindicatos . Tamén traballei de tallista, igual ata fixen eu o teu ataúde, Mauricio. Xa pasarei un día.


-Farto: Non, non veñas está destrozado.


-Gómez: Eu nacín en Ourense,  fun mestre e político comunista español.


-Farto: Que curioso!  meus avós eran tamén dese lugar.


-Farto: Eu fun músico, era un artista, a pena é que morrín pronto, oitenta anos .


 -Villaverde: Aínda tes sorte, eu morrín aos cincuenta e dous anos executado.


-Gómez : Para sorte a que tes ti, eu morrín aos trinta e un, a garrote vil.


-Farto: Que é o garrote vil ?


-Gómez: É un tipo de executación similar a forca , so que non te colgan , afogante 

cara atrás.

-Farto: Bueno , un pracer , volvo para o nicho.


-Villaverde : Eu tamén xa e tarde.


-Goméz: Eu vou seguir dando un paseo , a ver se descubro quen está enterrado nas tumbas próximas.

Un político, unha escritora e unha galeguista

Diálogo entre Alfredo Suárez Ferrín, Francisca Herrera e Amparo López Jean

Están Alfredo e Amparo no banco do cemiterio de San Amaro e aparece paseando Francisca , que vai cara o banco e comeza a falar con eles.
Francisca- Hola son Francisca Herrera , nacín na rúa de Príncipe aquí na Coruña en 1865 , e vós quen sodes?

Alfredo - Eu son Alfredo , nacín na Coruña en 1891 , e esta é a miña amiga Amparo Lopez que naceu en Vilaboa, en 1885

Francisca - Ostras pois somos case todos da mesma época , tocaronnos tempos malos coa Guerra Civil

Alfredo - Que é iso da Guerra Civil?

Amparo - Perdoa ao meu amigo , morreu o día que comezou. Pois Alfredo, é un conflito que houbo entre a xente que apoiaba a Franco e a xente que non.

Francisca - A si? Que che pasou?

Alfredo - Morrín fusilado por traspasar a alcaldía . de feito sigo escupindo balas , ten coidado.

Francisca - E ti cando morreches Amparo?

Amparo- Pois eu en Decembro no 1942 , pero non tivo que ver coa guerra , só co meu corazón esgotou as forzas. Ti que es a máis nova aquí , que fixeches na túa vida?

Francisca - Pois fun aprendiz de Rosalía de Castro ata que marchei a Madrid pola guerra , onde comezei a miña carreira de escritora. Oín que me adicaron o día das letras galegas en 1987. E vos?

Alfredo - Eu estudei profesorado e exercín de industrial , pero en 1934 elexíronme alcalde na Coruña. pero despois o poder cegoume e volvinme un corrupto.

Amparo - Eu fun activista galeguista e presidenta da Agrupación Republicana Feminista na Coruña

Francisca - Unhas vidas moi interesantes pero...
... correde que veñen os do instituto de Elviña!!!!

Os misterios da biblioteca

Diálogo entre Miguel González Garcés, Duran Loriga e José Castro González


MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS (mentres escribía na biblioteca que dirixiu durante 40 anos en Elviña, notou a presenza de que alguén lle estaba mirando).

- Quen está ahí ? MÓSTRATE ! - exclamou Miguel aterrado.
Ninguén respondeu á súa pregunta. (Miguel empezou a escoitar ruídos como se fosen dunha guitarra)

- Veño da Habana, chámome José Castro, fun un gran músico e compositor na miña época.
- Oes ti ! - oiuse unha voz no interior da biblioteca.
- E TI QUEN ERES ? - preguntou Miguel.
- Son Juan Jacobo Durán Loriga, pódesme chamar Loriga. Viñen por un libro de Matemáticas, e de casualidade encontreime ao meu amigo José, e decidiu acompañarme. - explicou Loriga.
- Que sorte tiveches ! Nestes momentos quedame só un libro dos que buscas.
- Onde se atopa ? - preguntou Loriga.
- No segundo corredor, no estante nº8. - explicoulle Miguel.

( Loriga foi polo libro das Matemáticas, cando de súpeto un neno chegou correndo onda Miguel.)

- Señor ! Acabo de ver un libro voando polo ar !
- Como que un libro voando ? - preguntoulle Miguel.
- Si, estaba estudando cando de repente vin que o libro saía do estante sen que o collera ninguén.

( Miguel acompañouno ata o segundo corredor, onde se atopaba o neno estudando.)

- VES ! ESTÁ AHÍ !  Non o ves ? - dixo o neno asustado.
- Non, ese é o meu amigo Loriga, un matemático moi importante na súa época, que é quen colleu o libro. - díxolle Miguel.
- TI ESTÁS TOLO ! Aquí non hai ninguén. Tanto tempo traballando na biblioteca que ves alucinacións, tes que desconectar un pouquiño Miguel. - replicoulle o neno.

( O neno comezou a camiñar cara o libro.)

- COIDADO ! Vas a tropezar con Loriga.
- QUE DIS APAMPADO !

( O neno atravesouno.) ( Juan mentres esperaba ao seu amigo Loriga, dáballe un pouco de vida á biblioteca tocando algunha das súas obras. )

-  Que fixeches ? -preguntoulle Miguel.
- Collín o libro de Matemáticas. - aclarou o neno.
- Pero como que colleches ti o libro das Matemáticas se o tiña o meu amigo Loriga ? - dixo Miguel.
- O teu amigo invisible, ise do que tanto me falas ? É unha parvada home ! - exclamou o neno.

( O neno vaise.)
- E agora que facemos ? Non temos o libro das Matemáticas, e era o último. - dixo Miguel.
- Nos no vamos para o noso sitio que xa se fai noite, vamos Juan ! - despediuse o querido Loriga.
- Xa nos veremos outro día. - dixo Miguel.
- Cando chegue a túa hora ... - dixeron os dous ao mesmo tempo.
( Loriga e Juan fóronse voando, atravesaron todas as paredes, nin sequera se molestaron en saír pola porta.)

Adentrándose no Cemiterio de San Amaro...

Diálogo entre Luis Seoane e Carré Alvarellos

Cemiterio de San Amaro: 00.30.
Óese un ruído de apertura de tumbas. Luis Seoane e Carré Alvarellos sáen dos seus respectivos luegares de reposo a ver que pasa. Alí encóntrase un morto estirándose tranquilamente.

Luis. - E logo ti que fas ahí?
Ánxel. - Metéuseme un escarabello na tumba! Non daba saído! Ademais despois de setenta e seis anos tiña ganas de estirar os ósos... E vós quenes sodes?
Luis. - Eu son Luis Seoane, estou aquí dende o 1979.
Leandro. - E eu son Leandro Carré Alvarellos, e enterráronme no 1976, fundamos xuntos a editorial "Lar".
Ánxel. - E como foi a editorial despois de que me fusilaran?
Leandro. - Pois bastante ben, pero o teu foi un golpe moi duro.
Luis Seoane que sentíase un pouco apartado interviu:
      -Leandro, cóntanos un pouco do que pasou en España, que eu estiven en Bos Aires.
Anxo. - E eu morto. Con todas as cousas que fixen por Galicia.
Leandro. - Xa home xa, se é que nesa época non había quen dixese nada...Ben pois todos os galeguistas tivemos que estar bastante caladiños e escondidos se non queriamos morrer. E que, foron anos moi duros.
Ánxel. - Dimo a min. Matáronme por defender o meu. Eu fun o que máis fixo por Galicia, ata o dixo o gran Castelao!
Luis. - Se é que dende o 1939 todo o que fixemos esfumouse, como se non valera nada.
Leandro. - Pero logo cando Franco morreu, todo cambiou non?
Ánxel. - Si?
Luis. - Si, nos catro anos antes de que eu morrera Galicia empezou a coller forza de novo.
Ánxel. - E agora estará fantástica non?
Leandro. - Si, grazas a deus, si.
 Comezou a saír o sol e o cemiterio ía abrir. Os tres metéronse de novo nas respectivas tumbas. Cando o garda chegou todo estaba igual, ninguén diría o que pasara aquela noite...

Unha profesora e dous galeguistas

A pedagoga María Barbeito dialoga cos galeguistas Manuel Lugrís Freire e Xosé Pérez Ballesteros

Xa había tempo que soara a campá. As sombras xa se alargaran e desaparecían. Un silencio absoluto reinaba no ceminterio de San Amaro. De repente, un ruído de rozar pedra contra pedra oiuse na escuridade. Os mortos comezaban a saír das súas tumbas, pero non todos; só os máis importantes. Aquilo era incrible. Personaxes coma Manuel Murguía, Curros Enríquez, Pucho Boedo... paseábanse polo lugar coma se estivensen vivos. Algúns íanse reunindo en grupos para falar das súas cousas, e un deses grupos xuntouse ó redor da Cruz dos Esquecidos. Estaba formado por Manuel Lugrís Freire, María Barbeito e Xose Pérez Ballesteros.

-Por fin podemos saír a estirar algo as pernas, non cres Manuel?

-Home, pregúntalle a María, que o ano pasado non se ergueu porque quedou durmida.

-Sempre sacando o mesmo tema! Nunca calas. É que a unha non se lle pode quedar sen pilas o espertador?

-Estás moi á defensiva. Gustábasme máis cando acabaras de chegar en contábanos historias da Escola Da Guarda, recordábame á miña mocidade... seguro que Xosé pensa o mesmo.

-Estou de acordo. Oxalá houbera participado na Festa da Flor esa, que era tan bonita.

-Volos dous sempre estades defendéndovos mutuamente. Claro, coma pertencestes os dous á Cova Céltica, tedes algo en común.

-Tampouco creas que tanto, muller! Ten en conta que Xosé morreu 22 anos antes ca min, en 1918. Pouco nos puidemos coñecer en vida.

-Xa, pero ambos falastes moito aquí antes de que eu chegara. Un paxariño díxome que erades uns pesados coa Real Academia Galega.

-Non creas, Manuel tamén  faloume a miúdo da guerra e rómpeseme aínda máis o corazón. Seguro que se estivese vivo caeríalle bágoas ao contarmo.

-Iso o confirmo. A guerra  foi unha das peores cousas que vivín na vida, se non a peor. Aínda que a dictadura tampouco quedou corta.

-Dictadura? Ao final gañaron os nacionais? Oíra rumores, pero pemsaba que eran inventadas...

-Un día levareite polo Ceminterio Civil a que fales con algúns amigos de alí. Moitos acompáñannos agora por isto que te estou a contar.

-Dende logo, cada vez que falades disto, agradezo ter vivido nunha época anterior, cando eu cheguei aínda había democracia.
-Xa te vin varias veces falando con Curros Enríquez e con Murguía. Eu admiroos moito.

-É que fomos compañeiros. Organizamos xuntas a Real Academia Galega da que tiven o honor de ser o seu primeiro tesoureiro.

-Non te creas tanto que eu tamén participei na Real Academia Galega, e ademais fun o primeiro e utilizar o galego nun mitin.

Querían seguir falando, pero o sol asomaba o seus raios polo orizonte do océano Atlántico. Os tres miraron con morriña ese brillante astro que tanto botaban de menos, despedíronse, e cada un volveu ó seu cadaleito antes de que o ceminterio volvese a abrir as súas portas.