11 de nov. de 2012

Adentrándose no Cemiterio de San Amaro...

Diálogo entre Luis Seoane e Carré Alvarellos

Cemiterio de San Amaro: 00.30.
Óese un ruído de apertura de tumbas. Luis Seoane e Carré Alvarellos sáen dos seus respectivos luegares de reposo a ver que pasa. Alí encóntrase un morto estirándose tranquilamente.

Luis. - E logo ti que fas ahí?
Ánxel. - Metéuseme un escarabello na tumba! Non daba saído! Ademais despois de setenta e seis anos tiña ganas de estirar os ósos... E vós quenes sodes?
Luis. - Eu son Luis Seoane, estou aquí dende o 1979.
Leandro. - E eu son Leandro Carré Alvarellos, e enterráronme no 1976, fundamos xuntos a editorial "Lar".
Ánxel. - E como foi a editorial despois de que me fusilaran?
Leandro. - Pois bastante ben, pero o teu foi un golpe moi duro.
Luis Seoane que sentíase un pouco apartado interviu:
      -Leandro, cóntanos un pouco do que pasou en España, que eu estiven en Bos Aires.
Anxo. - E eu morto. Con todas as cousas que fixen por Galicia.
Leandro. - Xa home xa, se é que nesa época non había quen dixese nada...Ben pois todos os galeguistas tivemos que estar bastante caladiños e escondidos se non queriamos morrer. E que, foron anos moi duros.
Ánxel. - Dimo a min. Matáronme por defender o meu. Eu fun o que máis fixo por Galicia, ata o dixo o gran Castelao!
Luis. - Se é que dende o 1939 todo o que fixemos esfumouse, como se non valera nada.
Leandro. - Pero logo cando Franco morreu, todo cambiou non?
Ánxel. - Si?
Luis. - Si, nos catro anos antes de que eu morrera Galicia empezou a coller forza de novo.
Ánxel. - E agora estará fantástica non?
Leandro. - Si, grazas a deus, si.
 Comezou a saír o sol e o cemiterio ía abrir. Os tres metéronse de novo nas respectivas tumbas. Cando o garda chegou todo estaba igual, ninguén diría o que pasara aquela noite...

Ningún comentario:

Publicar un comentario