11 de nov. de 2012

Os misterios da biblioteca

Diálogo entre Miguel González Garcés, Duran Loriga e José Castro González


MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS (mentres escribía na biblioteca que dirixiu durante 40 anos en Elviña, notou a presenza de que alguén lle estaba mirando).

- Quen está ahí ? MÓSTRATE ! - exclamou Miguel aterrado.
Ninguén respondeu á súa pregunta. (Miguel empezou a escoitar ruídos como se fosen dunha guitarra)

- Veño da Habana, chámome José Castro, fun un gran músico e compositor na miña época.
- Oes ti ! - oiuse unha voz no interior da biblioteca.
- E TI QUEN ERES ? - preguntou Miguel.
- Son Juan Jacobo Durán Loriga, pódesme chamar Loriga. Viñen por un libro de Matemáticas, e de casualidade encontreime ao meu amigo José, e decidiu acompañarme. - explicou Loriga.
- Que sorte tiveches ! Nestes momentos quedame só un libro dos que buscas.
- Onde se atopa ? - preguntou Loriga.
- No segundo corredor, no estante nº8. - explicoulle Miguel.

( Loriga foi polo libro das Matemáticas, cando de súpeto un neno chegou correndo onda Miguel.)

- Señor ! Acabo de ver un libro voando polo ar !
- Como que un libro voando ? - preguntoulle Miguel.
- Si, estaba estudando cando de repente vin que o libro saía do estante sen que o collera ninguén.

( Miguel acompañouno ata o segundo corredor, onde se atopaba o neno estudando.)

- VES ! ESTÁ AHÍ !  Non o ves ? - dixo o neno asustado.
- Non, ese é o meu amigo Loriga, un matemático moi importante na súa época, que é quen colleu o libro. - díxolle Miguel.
- TI ESTÁS TOLO ! Aquí non hai ninguén. Tanto tempo traballando na biblioteca que ves alucinacións, tes que desconectar un pouquiño Miguel. - replicoulle o neno.

( O neno comezou a camiñar cara o libro.)

- COIDADO ! Vas a tropezar con Loriga.
- QUE DIS APAMPADO !

( O neno atravesouno.) ( Juan mentres esperaba ao seu amigo Loriga, dáballe un pouco de vida á biblioteca tocando algunha das súas obras. )

-  Que fixeches ? -preguntoulle Miguel.
- Collín o libro de Matemáticas. - aclarou o neno.
- Pero como que colleches ti o libro das Matemáticas se o tiña o meu amigo Loriga ? - dixo Miguel.
- O teu amigo invisible, ise do que tanto me falas ? É unha parvada home ! - exclamou o neno.

( O neno vaise.)
- E agora que facemos ? Non temos o libro das Matemáticas, e era o último. - dixo Miguel.
- Nos no vamos para o noso sitio que xa se fai noite, vamos Juan ! - despediuse o querido Loriga.
- Xa nos veremos outro día. - dixo Miguel.
- Cando chegue a túa hora ... - dixeron os dous ao mesmo tempo.
( Loriga e Juan fóronse voando, atravesaron todas as paredes, nin sequera se molestaron en saír pola porta.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario