11 de nov. de 2012

San Amaro ten vida

Diálogo entre Xosé Villaverde, Xosé Gómez e Mauricio Farto

Un día no cemiterio de San Amaro despertan e saen dos seus cadaleitos Xosé Villaverde , Xosé Gómez e Mauricio Farto.
Cando...

-Villaverde: Bos días, Quen sodes?


-Gómez: Quen es ti?


-Villaverde: Eu son Xosé Villaverde .


-Farto: Ti non es o que traballou na CNT?


-Gómez: Que é a CNT ?


-Villaverde: A CNT é a Confederación Nacional do Traballo, foi unha unión de sindicatos . Tamén traballei de tallista, igual ata fixen eu o teu ataúde, Mauricio. Xa pasarei un día.


-Farto: Non, non veñas está destrozado.


-Gómez: Eu nacín en Ourense,  fun mestre e político comunista español.


-Farto: Que curioso!  meus avós eran tamén dese lugar.


-Farto: Eu fun músico, era un artista, a pena é que morrín pronto, oitenta anos .


 -Villaverde: Aínda tes sorte, eu morrín aos cincuenta e dous anos executado.


-Gómez : Para sorte a que tes ti, eu morrín aos trinta e un, a garrote vil.


-Farto: Que é o garrote vil ?


-Gómez: É un tipo de executación similar a forca , so que non te colgan , afogante 

cara atrás.

-Farto: Bueno , un pracer , volvo para o nicho.


-Villaverde : Eu tamén xa e tarde.


-Goméz: Eu vou seguir dando un paseo , a ver se descubro quen está enterrado nas tumbas próximas.

Un político, unha escritora e unha galeguista

Diálogo entre Alfredo Suárez Ferrín, Francisca Herrera e Amparo López Jean

Están Alfredo e Amparo no banco do cemiterio de San Amaro e aparece paseando Francisca , que vai cara o banco e comeza a falar con eles.
Francisca- Hola son Francisca Herrera , nacín na rúa de Príncipe aquí na Coruña en 1865 , e vós quen sodes?

Alfredo - Eu son Alfredo , nacín na Coruña en 1891 , e esta é a miña amiga Amparo Lopez que naceu en Vilaboa, en 1885

Francisca - Ostras pois somos case todos da mesma época , tocaronnos tempos malos coa Guerra Civil

Alfredo - Que é iso da Guerra Civil?

Amparo - Perdoa ao meu amigo , morreu o día que comezou. Pois Alfredo, é un conflito que houbo entre a xente que apoiaba a Franco e a xente que non.

Francisca - A si? Que che pasou?

Alfredo - Morrín fusilado por traspasar a alcaldía . de feito sigo escupindo balas , ten coidado.

Francisca - E ti cando morreches Amparo?

Amparo- Pois eu en Decembro no 1942 , pero non tivo que ver coa guerra , só co meu corazón esgotou as forzas. Ti que es a máis nova aquí , que fixeches na túa vida?

Francisca - Pois fun aprendiz de Rosalía de Castro ata que marchei a Madrid pola guerra , onde comezei a miña carreira de escritora. Oín que me adicaron o día das letras galegas en 1987. E vos?

Alfredo - Eu estudei profesorado e exercín de industrial , pero en 1934 elexíronme alcalde na Coruña. pero despois o poder cegoume e volvinme un corrupto.

Amparo - Eu fun activista galeguista e presidenta da Agrupación Republicana Feminista na Coruña

Francisca - Unhas vidas moi interesantes pero...
... correde que veñen os do instituto de Elviña!!!!

Os misterios da biblioteca

Diálogo entre Miguel González Garcés, Duran Loriga e José Castro González


MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS (mentres escribía na biblioteca que dirixiu durante 40 anos en Elviña, notou a presenza de que alguén lle estaba mirando).

- Quen está ahí ? MÓSTRATE ! - exclamou Miguel aterrado.
Ninguén respondeu á súa pregunta. (Miguel empezou a escoitar ruídos como se fosen dunha guitarra)

- Veño da Habana, chámome José Castro, fun un gran músico e compositor na miña época.
- Oes ti ! - oiuse unha voz no interior da biblioteca.
- E TI QUEN ERES ? - preguntou Miguel.
- Son Juan Jacobo Durán Loriga, pódesme chamar Loriga. Viñen por un libro de Matemáticas, e de casualidade encontreime ao meu amigo José, e decidiu acompañarme. - explicou Loriga.
- Que sorte tiveches ! Nestes momentos quedame só un libro dos que buscas.
- Onde se atopa ? - preguntou Loriga.
- No segundo corredor, no estante nº8. - explicoulle Miguel.

( Loriga foi polo libro das Matemáticas, cando de súpeto un neno chegou correndo onda Miguel.)

- Señor ! Acabo de ver un libro voando polo ar !
- Como que un libro voando ? - preguntoulle Miguel.
- Si, estaba estudando cando de repente vin que o libro saía do estante sen que o collera ninguén.

( Miguel acompañouno ata o segundo corredor, onde se atopaba o neno estudando.)

- VES ! ESTÁ AHÍ !  Non o ves ? - dixo o neno asustado.
- Non, ese é o meu amigo Loriga, un matemático moi importante na súa época, que é quen colleu o libro. - díxolle Miguel.
- TI ESTÁS TOLO ! Aquí non hai ninguén. Tanto tempo traballando na biblioteca que ves alucinacións, tes que desconectar un pouquiño Miguel. - replicoulle o neno.

( O neno comezou a camiñar cara o libro.)

- COIDADO ! Vas a tropezar con Loriga.
- QUE DIS APAMPADO !

( O neno atravesouno.) ( Juan mentres esperaba ao seu amigo Loriga, dáballe un pouco de vida á biblioteca tocando algunha das súas obras. )

-  Que fixeches ? -preguntoulle Miguel.
- Collín o libro de Matemáticas. - aclarou o neno.
- Pero como que colleches ti o libro das Matemáticas se o tiña o meu amigo Loriga ? - dixo Miguel.
- O teu amigo invisible, ise do que tanto me falas ? É unha parvada home ! - exclamou o neno.

( O neno vaise.)
- E agora que facemos ? Non temos o libro das Matemáticas, e era o último. - dixo Miguel.
- Nos no vamos para o noso sitio que xa se fai noite, vamos Juan ! - despediuse o querido Loriga.
- Xa nos veremos outro día. - dixo Miguel.
- Cando chegue a túa hora ... - dixeron os dous ao mesmo tempo.
( Loriga e Juan fóronse voando, atravesaron todas as paredes, nin sequera se molestaron en saír pola porta.)

Adentrándose no Cemiterio de San Amaro...

Diálogo entre Luis Seoane e Carré Alvarellos

Cemiterio de San Amaro: 00.30.
Óese un ruído de apertura de tumbas. Luis Seoane e Carré Alvarellos sáen dos seus respectivos luegares de reposo a ver que pasa. Alí encóntrase un morto estirándose tranquilamente.

Luis. - E logo ti que fas ahí?
Ánxel. - Metéuseme un escarabello na tumba! Non daba saído! Ademais despois de setenta e seis anos tiña ganas de estirar os ósos... E vós quenes sodes?
Luis. - Eu son Luis Seoane, estou aquí dende o 1979.
Leandro. - E eu son Leandro Carré Alvarellos, e enterráronme no 1976, fundamos xuntos a editorial "Lar".
Ánxel. - E como foi a editorial despois de que me fusilaran?
Leandro. - Pois bastante ben, pero o teu foi un golpe moi duro.
Luis Seoane que sentíase un pouco apartado interviu:
      -Leandro, cóntanos un pouco do que pasou en España, que eu estiven en Bos Aires.
Anxo. - E eu morto. Con todas as cousas que fixen por Galicia.
Leandro. - Xa home xa, se é que nesa época non había quen dixese nada...Ben pois todos os galeguistas tivemos que estar bastante caladiños e escondidos se non queriamos morrer. E que, foron anos moi duros.
Ánxel. - Dimo a min. Matáronme por defender o meu. Eu fun o que máis fixo por Galicia, ata o dixo o gran Castelao!
Luis. - Se é que dende o 1939 todo o que fixemos esfumouse, como se non valera nada.
Leandro. - Pero logo cando Franco morreu, todo cambiou non?
Ánxel. - Si?
Luis. - Si, nos catro anos antes de que eu morrera Galicia empezou a coller forza de novo.
Ánxel. - E agora estará fantástica non?
Leandro. - Si, grazas a deus, si.
 Comezou a saír o sol e o cemiterio ía abrir. Os tres metéronse de novo nas respectivas tumbas. Cando o garda chegou todo estaba igual, ninguén diría o que pasara aquela noite...

Unha profesora e dous galeguistas

A pedagoga María Barbeito dialoga cos galeguistas Manuel Lugrís Freire e Xosé Pérez Ballesteros

Xa había tempo que soara a campá. As sombras xa se alargaran e desaparecían. Un silencio absoluto reinaba no ceminterio de San Amaro. De repente, un ruído de rozar pedra contra pedra oiuse na escuridade. Os mortos comezaban a saír das súas tumbas, pero non todos; só os máis importantes. Aquilo era incrible. Personaxes coma Manuel Murguía, Curros Enríquez, Pucho Boedo... paseábanse polo lugar coma se estivensen vivos. Algúns íanse reunindo en grupos para falar das súas cousas, e un deses grupos xuntouse ó redor da Cruz dos Esquecidos. Estaba formado por Manuel Lugrís Freire, María Barbeito e Xose Pérez Ballesteros.

-Por fin podemos saír a estirar algo as pernas, non cres Manuel?

-Home, pregúntalle a María, que o ano pasado non se ergueu porque quedou durmida.

-Sempre sacando o mesmo tema! Nunca calas. É que a unha non se lle pode quedar sen pilas o espertador?

-Estás moi á defensiva. Gustábasme máis cando acabaras de chegar en contábanos historias da Escola Da Guarda, recordábame á miña mocidade... seguro que Xosé pensa o mesmo.

-Estou de acordo. Oxalá houbera participado na Festa da Flor esa, que era tan bonita.

-Volos dous sempre estades defendéndovos mutuamente. Claro, coma pertencestes os dous á Cova Céltica, tedes algo en común.

-Tampouco creas que tanto, muller! Ten en conta que Xosé morreu 22 anos antes ca min, en 1918. Pouco nos puidemos coñecer en vida.

-Xa, pero ambos falastes moito aquí antes de que eu chegara. Un paxariño díxome que erades uns pesados coa Real Academia Galega.

-Non creas, Manuel tamén  faloume a miúdo da guerra e rómpeseme aínda máis o corazón. Seguro que se estivese vivo caeríalle bágoas ao contarmo.

-Iso o confirmo. A guerra  foi unha das peores cousas que vivín na vida, se non a peor. Aínda que a dictadura tampouco quedou corta.

-Dictadura? Ao final gañaron os nacionais? Oíra rumores, pero pemsaba que eran inventadas...

-Un día levareite polo Ceminterio Civil a que fales con algúns amigos de alí. Moitos acompáñannos agora por isto que te estou a contar.

-Dende logo, cada vez que falades disto, agradezo ter vivido nunha época anterior, cando eu cheguei aínda había democracia.
-Xa te vin varias veces falando con Curros Enríquez e con Murguía. Eu admiroos moito.

-É que fomos compañeiros. Organizamos xuntas a Real Academia Galega da que tiven o honor de ser o seu primeiro tesoureiro.

-Non te creas tanto que eu tamén participei na Real Academia Galega, e ademais fun o primeiro e utilizar o galego nun mitin.

Querían seguir falando, pero o sol asomaba o seus raios polo orizonte do océano Atlántico. Os tres miraron con morriña ese brillante astro que tanto botaban de menos, despedíronse, e cada un volveu ó seu cadaleito antes de que o ceminterio volvese a abrir as súas portas.

A lenda de San Amaro


Historia do cemiterio

     
 O cementerio de San Amaro  foi inaugurado no ano 1813 despois da prohibición, no ano anterior, os enterros nas igrexas e no seu entorno. En 1833 o ampliaron e ultimamente se lle fixo unha nova ampliación.
 Este campo santo histórico asentado fronte ao mar está considerado un dos máis importantes de Galicia,  tanto polo número, máis de 200, como a importancia dos personaxes que cobixa. Está dividido en 3 zonas a relixiosa, a civil e a zona británica que está ocupada por un batallón británico que caeu na batalla de Elviña. Esta zona esta cerrada ao público e a chave está baixo a custodia do cónsul británico que presta servizo diplomatico na Coruña.
Cabe destacar dous monumentos colectivos que son aos "Martires da liberdade" e a "columna" dividida no recordo da folga xeral de 1901.
O monumento aos martires da liberdade, levantanse no lugar onde descansaron antaño os aviadores
alemáns da segunda guerra mundial.
Actualmente descansan baixo este monumento os restos dos soldados magrebíes.A columna dividida no recordo da folga de 1901, segun reza a sepultura, o monumento foi erixido por suscripción popular nas sociedades oberras, as víctimas dos sucesos do 30 e 31 de maio.




Cemiterio británico


O cemiterio Británico está situado ao lado do de San Amaro.
Os seus oríxenes remotanse a 1836 . En 1867, o cónsul Ingles en Galicia , Guillermo Congreve Cutliffe Blackburry, comprou os terreos actuaiss a Dna.Manuela Iglesias do Mato , a súa propietaria.

Na década dos 80, d
o século XX, o Concello coruñés intentou comprar os terreos.

Hai ao redor de medio centenar de persoas enterradas no cemiterio.
Na súa maioría , tratase de ingleses que morreron ou residían na cidade , marinñeiros e turistas, que morreron na Coruña. Ata os 70, os enterramentos eran habituais.


Destacamos dentro dos  monumentos colectivos o dos Mártires da Liberdade e a Columna, feita en recordo da folga xeral de 1901.

A capela




O cemiterio de San Amaro xorde a partir do ano 1781. No 1833 foi ampliada e construíuse un templo funerario na porta dá entrada.O interior está dividido por amplos corredores, onde destacan ás capelas familiares de distintos estilos do corredor central. A capela do Cemiterio é de estilo neoclásico con planta de cruz grega coroada pola cúpula rebaixada e franqueada por dúas torres. A porta é de inspiración clásica imitando a entrada dun templo dístilo con dúas columnas.

A capela do cemiterio de San Amaro, foi deseñada por D. Alejo Fernández.

A capela permaneceu pechada tras seis anos seguidos, ata que o alcalde Carlos Negreira decidiu reabrila o día 2 de novembro que coincidíu co día de defuntos. Decidiron que a capela se abriría unha vez a semana para actos relixiosos ás cinco dá tarde. Xunto á reinaguracióncapela tamén sacaron un libro con toda a súa historia e a do cemiterio, o concello tamén decidiu que a capela sería un espazo para facer visitas guiadas non seu interior.


A capela sitúase na entrada do cemiterio, díante dela houbo un festival galego o día dá inaguracion onde participaron grupos de música importantes.


O cemiterio dos mouros

A casa das Palabras

10 de nov. de 2012

Memorial guerrilleiros antifranquistas: Xosé Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez



Enlace: Guerrilleiros Antifranquistas Galegos

 O maquis tamén coñecidos como a guerrilla Resistencia española o GE (Guerrilleiros Españoles) sorprendeu a gran parte dos excombatentes republicanas en territorios franceses; istos guerrilleiros reorientarion a sua loita antifranquistas hacia España.
Pese ao fracaso da invasión do val de Aran nese ano , algunhas columnas consigueron pogresar cara ao interior e rezar coas partidas que habían permanecido no monte.


Ramón Pérez Costales



Antón e Ramón Vilar Ponte



Manuel Murguía e Ovidio Murguía






Monumento ás vítimas da folga do 30 e 31 de maio de 1901


É a primeira folga xeneral da historia do movemento obreiro galego.

Xoán de Ciorraga

Arquitecto municipal. Trazou o plano do primeiro ensanche coruñés

Panteón neogótico. Familias Rubine-Salorio
Obra do arquitecto
 

María Barbeito



A matrona de Ramona Monge de Pla


Na relixiosidade céltica atlántica prehistórica existía a figura da Moura, encarnación da soberanía que elixía ao Príncipe sendo unha doncela, facíase vella con el, e á hora da morte do seu esposo, conducía a súa alma no Paraíso ou Alén baixo aspecto de vella matrona. Algo desta tradición existe nesta representación fúnebre?


Manuel Lugrís Freire



Faustino Domínguez

Faustino Domínguez Domínguez (pai) e Faustino Domínguez Coumes-Gay
Máis información


Francisco Lloréns



Luis Seoane


Uxío Carré Aldao e Leandro Carré Alvarellos




Curros Enríquez




Xosé Seijo Rubio



Víctor López Seoane



Mauricio Farto

Fundador de Cantigas da Terra


Naceu o 21 de septiembre de 1867 en Ourense, e morre o 23 de abril de 1947 , é un músico español.
Foi un membro da Real Academia Gallega e das Bellas Artes de Coruña ingresou no 1946. Neto de galegos, coñeceu a musica tradicional polos soldados destinados no seu pobo natal.

Ingresou nunha banda do Reximento de Zamora tras abandoar o exército.
A maioría das súas composicións foron inspiradas na tradición galega popular que investigou durante anos. Por suposto Mariucio Farto non esquecera súa terra natal.

Entre as súas pertenzas persoais mantivo un pequeno libro cuxa portada lese: ".. Ano de 1898 Valladolid Lembrando a Feira de setembro 16-26 Imp de John R. Hernando Duque de la Victoria, de 18 anos.

O libreto tivo unha parte curiosa segundo, dedicado á "Valladolid Histórico e Artístico", ilustrada con reproducións fotográficas do Colexio de San Gregorio , San Pablo, La Antigua, San Benito, a Catedral, a Universidade, o Hospital Provincial, Estación do Norte , as pontes Mayor e suspensos, o beirarrúa de Recoletos, o Palacio de Filipe II, os muíños e da Praza de Touros.

Galo Salinas



Eduardo Pondal



Xoán Fernández Latorre



Francisca Herrera



Eduardo Rodríguez Losada


Eduardo Rodríguez Losada naceu na coruña o 2 de marzo de 1886 e morreu na mesma cidade o 2 de novembro de 1973 . Casou con María Trulock Bertorini o 15 de outubro de 1913 e tiveron dez fillos.
O 2 de maio de 1941 foi nomeado Académico de número da sección de Arquitectura da Real academia Nosa señora do Rosario.
Dada a súa longa vida, o compositor mantivo un particular eclecticismo, que impregna toda a súa produción, na que destaca sobremanera o gran formato orquestral, , cuxo título evoca ao poema sinfónico "Los gnomos de la Alhambra" do Chapí máis alhambrista 
Sonespecialmente sobranceiras as súas catro sinfonías e o Concerto para piano e orquestra, aínda que se por algún xénero musical é especialmente lembrado ese é o operistico, no que empregou como base argumental lendas e feitos históricos da Galiza.

Ricardo Boán y Callejas


Panteón familia Silveira


Pérez Lugín




Guadaña, calaveira e reloxo


Panteón familia Castro Rey


Xosé Baldomir


Este músico galego naceu o día 26 de Novembro do ano 1867. Morreu o 1 de Febreiro de 1947.
 Foi discípulo de Marcial Torres del Adalid. Traballou como profesor na Escola de Belas Artes de Coruña. Distinguido director galego. Traballou como director dos orfeóns "El Eco" e "El Brigantino", e das orquestas do "Liceo Brigantino" e "Bretín delos Herreros".
Foi nomeado académico da Real Academia Galega e de Belas Artes.

Entre as súas obras destacan as óperas A virxe do Cristal e Santos e Meigas. Creou varias obras sobre a base de poemas de Rosalía, Pondal, Cabanillas, Curros e de outros poetas casteláns.

Moi recoñecido polos galegos polas súas sabidurías sobre musica e como director. Na provincia da Coruña recórdano cunha calle co seu nome C/ Xosé Baldomir .
Non só coñecido en Galicia e España, as súas obras traspasaron fronteiras ata Francia e Portugal.

Wenceslao Fernández Flórez



Panteón modernista familia de B



Panteón neorrománico familia Río y Santos


Álvaro Cebreiro



Adolfo Anta Seoane

Director da Troula e Cántigas da Terra

Adolfo Anta Seoane foi un músico e compositor galego. Naceu o 18 de marzo de 1900, fillo dun militar. Deu clases de solfeo, e foi director da obra ¨Cantigas de Terra¨. Foi un ferviente galeguista, cousa que demostrou interpretando ante o caudillo Francisco Franco o himno galego nos anos 50, en plena ditadura. Morreu o 22 de febreiro de 1978.

Panteón neorrománico familia Valcarce


Escultura funeraria no sepulcro de Andrés Salleres

Anxo con estrela na fronte botando flores que contén unha saia tradicional galega (acibache)


Durán Loriga

Panteón de José Mariano González Pérez