A modo de mausoleo helenístico con dous fachos encendidos cuxas chamas o
vento empurra cara ao mar. Outro exemplo de celticidade no culto á morte. A
crenza milenaria indica que a ánima do defunto chegará ao Alén, situado máis
alá do mar, a modo dunha fortaleza ou Illa dos Benaventurados. Os ventos
empurran as ánimas dos López Rego cara ao Alén, como indican as chamas. Curioso
que desde aquí se vexa o máxico Seixo Branco, e case a punta Herminia, pois na
divindade clásica é Hermes o encargado de conducir as ánimas ao Elíseo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario